Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 5 de maio de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se anuncia a iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte Penouzos 2, a favor dos veciños de Baños de Molgas, concello de Baños de Molgas (Ourense).

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o 30 de novembro de 1994, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Penouzos 2, integrado por 6 parcelas denominadas Ansuíña, Petadiña, Río de Vide, O Río Vello, Tapada Nova e Porto Galego, dunha superficie aproximada de 1 ha, 2 ha, 3 a, 1 ha, 1 ha, 5 a, 1 ha, 6 a, respectivamente, pertencente ós veciños de Baños de Molgas (Baños de Molgas-Ourense). Noméanse instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco. Este expediente publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23-9) polo que se aproba o regulamento para a execución

da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de maio de 1995.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

95-3885