Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-240/1994.2 (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recur

so ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 8 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-240/94.2.

Denunciado: José Manuel Rodríguez Miranda.

Último enderezo coñecido: Rúa Tomás Alonso, 183-2º A. 36208 Vigo.

Feito denunciado: Abandono de vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 ptas.

4045