Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (265/1992).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de separación conxugal número 265/1992, seguidos por instancia de María Dolores Pensado Ferro, contra José Ramón Vilela Segade, nas actuacións dos cales se dictou a sentencia do sete de abril de 1994, que ten o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos por María Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido, os autos de xuízo declarativo incidental número 265/1992, sobre separación matrimonial, promovidos pola procuradora María Jesús Fernández Rial, en nome propio e en representación de María Dolores Pensado Ferro, contra José Ramón Vilela Segade, en situación procesual de rebeldía.

Decido que debendo estimar como estimo a demanda interposta por María Dolores Pensado Ferro, representada pola procuradora María Jesús Fernández Rial, contra José Ramón Vilela Segade, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a separación do dito matrimonio, aprobando como aprobo a adopción das seguintes medidas:

1. A separación definitiva dos cónxuxes litigantes.

2. A atribución da garda e custodia dos fillos menores de idade a María Dolores Pensado Ferro, pero exercendo conxuntamente ámbolos pais a patria potestade sobre aqueles, non procedendo á privación da patria potestade establecida nos artigos 92 e 179 do Código civil, xa que se debe limitar a casos especialmente graves, circunstancia que non se dá nas presentes actuacións.

3. Como réxime de visitas para José Ramón Vilela Segade, este poderá estar en compañía dos fillos suxeitos á patria potestade que están baixo a garda e custodia do outro proxenitor na forma que concerte con este e, na conxuntura de desacordo, teraos consigo unha fin de semana de cada dúas, de forma alterna, desde as 17 horas do sábado ata as 20 horas do domingo, así como a metade das vacacións de verán, Nadal e Semana Santa, elixindo nestes períodos de tempo, en anos pares a nai e o pai nos impares.

4. A asignación do uso do domicilio conxugal, así como do mobiliario e enxoval doméstico existente nel, a María Dolores Pensado Ferro que residirá na dita vivenda en compañía dos menores.

5. O inventario do mobiliario e enxoval doméstico existente no domicilio conxugal.

6. José Ramón Vilela Segade retirará do domicilio conxungal, logo de inventario, os seus obxectos persoais e os da súa exclusiva pertenza.

7. Polo capítulo de levantamento das cargas do matrimonio e alimentos José Ramón Vilela Segade aboará ó seu cónxuxe, por meses anticipados e dentro dos seis días primeiros de cada mes, a cantidade mensual de corenta mil pesetas, vinte mil pesetas por cada fillo menor, a súa suma será actualizada segundo as variacións que experimente a retribución salarial do obrigado ó pagamento e no seu defecto o índice de prezos ó consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

8. Como garantía de aboamento da prestación diñeiraria establecida no apartado precendente, no caso de incumprimento do demandado adoptaranse as medidas de aseguramento pertinentes.

9. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos esposos lle outorgase ó outro, así como a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio das potestades domésticas.

10. Procédase á liquidación do réxime económico matrimonial existente na parella.

Todo isto sen facer especial condena nas custas causadas na tramitación da presente causa. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

E para que así conste e sirva de notificación de sentencia por edictos a José Ramón Vilela Segade, expido o presente edicto en Arzúa o vinteoito de abril de mil novecientos noventa y cuatro.

A secretaria

Rubricado

95-4464