Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.892

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1312/1995 e doce máis).

De conformidade co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo poderán accede-los nacionais dos países a que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70 anos de idade.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudantes desta universidadee, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei

11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e no prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2, «Outros ingresos», Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, segundo se detalla a seguir e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame); diplomados 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame).

Quinta.-Quen desexe tomar parte neste concurso remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da universidadee de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado xuntando xustificantes do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da universidadee de Santiago de Compostela

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

praza número: 1312/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento ó que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1313/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da ciencia.

Departamento ó que está adscrita: Lóxica e Filosofía da Ciencia-Filosofía do Dereito, Moral e Política.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: historia da medicina e historia da odontoloxía en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1314/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicoloxía básica.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Social e Básica.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1315/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política e da Administración.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: teoría sociolóxica en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1316/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Econometría e Métodos Cuantitativos.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: econometría en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1317/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: comunicación audiovisual e publicidade.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: configuración e aplicacións das tecnoloxías audiovisuais en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1318/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: comunicación audiovisual e publicidade.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: historia comparada do xornalismo na prensa en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1319/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xornalismo.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: producción da información na prensa en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1320/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xornalismo.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Galega.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: redacción en medios impresos en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1322/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica da ciencias experimentales.

Departamento ó que está adscrita: Didáctica das Ciencias Experimentales.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: didáctica das ciencias da vida e da terra en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1323/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enfermería.

Departamento ó que está adscrita: Enfermería.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: materias da área en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1324/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: química inorgánica.

Departamento ó que está adscrita: Química Inorgánica.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: fundamentos químicos da enxeñería en Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

praza número: 1325/1994.

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enfermería.

Departamento ó que está adscrita: Enfermería.

Actividades que vai realizar quen obteña a praza: enfermería en Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

4414