Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (1/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 1/1995, sobre lesións en agresión, sendo denunciantes Alfredo Piñeiro Montero e Camilo Cutrín Aldres e como denunciados Santiago Sánchez Codesido e Javier Naveira Vázquez, se dictou a sentencia que na súa decisión é como segue:

Que debo condenar e condeno a Javier Naveira Vázquez, como autor penal e civilmente responsable dunha falta de lesións e outra de malos tratos de obra, ás penas de 3 días de arresto menor pola primeira e 25.000 pesetas de multa pola segunda, cun día de arresto substitutorio, unha vez feita excusión dos seus bens, para caso de non pagar, e ó pagamento das custas.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderá interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se

unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento.

E para que conste e sirva de notificación ó denunciado Santiago Sánchez Codesido, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 9 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

95-4412