Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (187/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai público que ante este xulgado e co número 187/1995, promovido por Pedro Losa Concheiro, desta cidade, tramítase expediente de dominio para reanudación do tracto sucesivo interrompido e inscrición no Rexistro da Propiedade deste partido, do predio urbano seguinte:

Casa sinalada co número cinco da rúa Porta Faxeira, nesta cidade de Santiago de Compostela, composta de soto, baixo, piso alto e un pequeno faiado. Ocupa a superficie aproximada de setenta e sete metros cadrados, e estrema: norte, por onde mide 6,40 metros, rúa Porta Faxeira; sur, casa número 13 da avenida Figueroa, dos señores Sánchez Fernández; leste, por onde mide 12,10 metros, casa número 14 da mesma avenida de Figueroa, do señor Sexto; e oeste, por onde mide outros 12.10 metros, o Campo da Estrela.

E por medio do presente edicto, de conformidade co acordado e o disposto na lei e Regulamento hipotecario, convócase e cítase para comparecer no expediente, dentro do termo de dez días, as seguintes persoas que poderán alega-lo que ó seu dereito conveña.

1. As persoas ignoradas ás cales poida perxudica-la inscrición solicitada, e as que se consideren con algún dereito real constituído sobre o predio.

2. As herdeiras, sucesores ou habentes causa, dos titulares rexistrais, Luis Blanco Rivero e Engracia Guitián García; e as do titular catastral Engracia García Barros ou Engracia Guitián García.

3. As vendedoras e persoas das que, de forma inmediata, procede o predio, María Consuelo e María Purificación Blanco Guitián, José Luis Villar Blanco, Belén, Leticia, Gerardo, María Consuelo e Santiago Ayuela Villar.

Dado en Santiago de Compostela o trinta e un de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4422