Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (171/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís obra a recaída nos autos de xuízo executivo número 171/1994, que ten encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 171/1994, promovidos por Caixa de Aforros Provincial de Ourense, con domicilio social en Ourense, Cardenal Quiroga número 14, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra Manuel Rodríguez Pérez, con domicilio en Calo-Agrón de Ames, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Manuel Rodríguez Pérez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 342.486 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderase interpor neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4472