Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.901

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (324/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instruc

ción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xuízo de faltas número 324/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

«Pola presente e en xuízo de faltas número 324/1994, seguido neste xulgado sobre agresión e desorde, requírese e cítase a Francisco Javier Ruiz Díaz, natural de Madrid, nacido o día oito de outubro de mil novecentos setenta e un, fillo de Antonio e de Amalia, con último domicilio coñecido na rúa Hórreo nº 176-7º J, Santiago de Compostela, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó que esta requisitoria apareza inserida no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados de data 17 de xaneiro de 1995; penas de quince días de arresto menor, pagamentos das custas e indemnice a Juan Estors en cinco mil pesetas por lesións.

Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da Policía Xudicial que tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco. A maxistrada-xuíza. Asinado Leonor Castro Calvo.»

E para que así conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Francisco Javier Ruiz Díaz, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria xudicial

Rubricado

5135