Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1995 pola que se convoca o concurso público número 17/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario e didáctico con destino á Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e Escola Politécnica de Ourense dependentes desta consellería.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público número 17/1995 para a adquisición de diverso material mobiliario e didáctico con destino á Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e Escola politécnica de Ourense dependentes desta Consellería. Expte.: 17/1995.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Na forma que sinala a cláusula 7.5-5ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico do concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de Pregos dirixirse ó teléfono: (981) 59-07-11, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21. Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o 11 de setembro de 1995 ás 14 horas.

4. Lugar de Presentación de proposicións: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.

5. Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 15 de setembro a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: un mes a contar desde o asinamento do contrato os lotes con anualidade 95 e antes do día 15 de xaneiro de 1996 os lotes con anualidade 96.

8. Gastos de Publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 226.576.000 ptas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario general de la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria

5134