Por resolución da Delegación de Industria de Pontevedra de data 1/6/1995, faise pública a designación do perímetro de protección proposta polo Instituto Tecnolóxico e Mineiro de España para preserva-la calidade e cantidade das augas dos dous mananciais de augas minero-medicinais, sitos nos Baños da Brea, Paradela, Merza, do termo municipal de Vila de Cruces, que a sociedade Os Baños de Brea, S.L. pretende aproveitar como augas de uso terapéutico nas instalacións do seu Hotel-Balneario.
O perímetro de protección está definido por un cuadrilátero de 2.126.250 m sendo as suas coordenadas UTM, Elipsoide Internacional de Haayford, e lonxitudes referidas o meridiano de Greenwich, as seguintes:
Vértices X Y
1 560.800 4.735.000
2 562.850 4.735.650
3 562.850 4.734.000
4 562.800 4.733.600
O que se fai público de conformidade co artigo 41 do Regulamento xeral para o réxime da minería R.D. 2857/1978, do 25 de agosto, co fin de que os interesado de bens ou dereitos comprendidos no perímetro de protección poidan expoñer, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó desta publicación, canto conveña ós seus intereses.
Pontevedra, 1 de xuño de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-4510