Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4319 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: subministra enerxía eléctrica ó edificio Hipólito, SL, na r/ Avda. Américas e estrada Ombreiro (Lugo).

Orixe da liña: no C.T. Devesa e C.T. Bidueiro.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local do edificio Hipólito SL, na r/ Avenida Américas e estrada Ombreiro-Lugo..

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x150 mm Al, designación UNE DHV 15/25, de 170 m de lonxitude. Centro de transformación de 2x400 kVA, 20.000±5%/398-230 V, para dar subministración de

enerxía eléctrica ó edificio Hipólito na rúa Avda. Américas e estrada Ombreiro, en Lugo.

Orzamento: 4.847.965 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4511