Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 186/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, de 1.670 m de lonxitude, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, con orixe na liña Padrón-Pontevea (Expte. 50441) e remate no C.T. Rioldomato.

-Centros de transformación aéreos sobre apoios metálicos de 25 kVA en Berxaos e 50 kVA en Rioldomato e tensións de 20/0,380-0,220 kV, Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 29 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04649