Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, como órgano substantivo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental relativo o proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominada San Amaro nº 2520, en terreos do termos municipais de Bueu e Cangas.

De conformidade co artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de evaluación do impacto ambiental para Galicia, estará exposto o público nas oficinas da Delegación de Industria e Comercio en Pontevedra, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, durante horas de oficina e por un período de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da data desta publicación, o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental como concesión derivada do permiso de investigación San Amaro nº 2520 desta provincia, solicitada por Granitos Aldan, S.A., sobre unha extensión de cinco cuadrículas mineiras sitas nos termos nunicipais de Cangas e Bueu, sendo as suas coordenadas xeográficas origen Greenwich as seguintes:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 49' 00''42º 18' 00''

Vértice 28º 49' 00''42º 18' 20''

Vértice 38º 47' 40''42º 18' 20''

Vértice 48º 47' 40''42º 18' 00''

Vértice 58º 48' 00''42º 18' 00''

Vértice 68º 48' 00''42º 17' 40''

Vértice 78º 48' 20''42º 17' 40''

Vértice 88º 48' 20''42º 18' 00''

Visto o expediente, os que se consideren interesados poderán formular as alegacións que estimen oportunas no prazo indicado anteriormente, transcorrido o mesmo non se admitirán alegacións.

Pontevedra, 6 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-04657