Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.832

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (54/1993).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de divorcio, seguido por instancia de Esclavitud Pombo Botana, representada polo procurador Gómez Martín, contra Manuel Costa Pardiñas, que tivo o seu domicilio na rúa Galeras, número 12, desta cidade, e actualmente em paradoiro descoñecido, dictouse a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de divorcio número 54/1993, no que son partes, dunha como demandante María Esclavitud Pombo Botana, casada, maior de idade, con domicilio en Covas, Castelo, Ames, e representada polo procurador Santiago Gómez Martín, baixo a dirección do letrado José Daniel Taboada Ponte, e doutra como demandado Manuel Costa Pardiñas, maior de idade, casado, con domicilio na rúa Galeras, número 11, desta cidade; e declarado procesualmente en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador Santiago Gómez Martín, en nome e representación de María Esclavitud Pombo Botana, contra Manuel Costa Pardiñas, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio, con tódalas consecuencias legais, o matrimonio canónico que ambos contraeron en Ames (A Coruña) o día dezaoito de xullo de mil novecentos setenta e sete, e todo iso, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas causadas no procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Dada a rebeldía do demandado, notificaráselle a sentencia na forma que preveñen os artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil.

Unha vez firme esta resolución comuníquese ó Rexistro Civil de Ames, para a súa anotación na acta de matrimonio.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia, da que quedan inseridos o seu encabezamento e decisión, foi lida e publicada o mesmo día da súa data.

Para que sirva de notificación ó demandado rebelde expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-04818