Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión das prazas 24 a 38/1995 de corpos docentes universitarios.

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos requírense os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración Autónoma, institucional ou local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboado na conta da Universidade de Vigo, Outros ingresos, número 04.000.022599-4 de Caixavigo, oficina principal, xuntando na súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, referenciando esta convocatoria, segundo se detalla a continuación e para cada caso a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); diplomados, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame).

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución da mesma.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e, con sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregarán ó presidente da comisión a documentación sinalada no artigo 9 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Oitavo.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveran a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 19 de xuño de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Universidade de Vigo

-Número de prazas: 1.

Praza número: 24/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería telemática.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxía das Comunicacións.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fundamentos dos ordenadores.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 25/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxía das Comunicacións.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en análise de redes fundamentos de bioenxeñería.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 26/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia e investigación en organización de empresas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 27/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito penal.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Xurídicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en dereito penal (parte xeral e parte especial).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 28/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: debuxo.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en grabado e estampación.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 2.

Praza número: 29/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: escultura.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en escultura.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 30/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: pintura.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en pintura.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 31/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: pintura.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en pintura.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 32/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: pintura.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en pintura.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 33/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: expresión gráfica na enxeñería.

Departamento ó que está adscrita: Deseño na Enxeñería.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en oficina técnica e proxectos.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 34/1995.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito mercantil.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Xurídicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias propias da área: dereito mercantil e outras.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 35/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería agroforestal.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Mecánica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en tecnoloxía e industrias da madeira I.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 36/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: mecánica dos medios continuos e teoría de estructuras.

Departamento al que está adscrita: Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en cálculo de estructuras metálicas e formigón.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 37/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: estatística e investigación operativa.

Departamento ó que está adscrita: Estatística e Investigación Operativa.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en bioestatística.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 38/1995.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: estatística e investigación operativa.

Departamento ó que está adscrita: Estatística e Investigación Operativa.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en estatística industrial.

Clase de convocatoria: concurso.

95-4727