Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se anuncia a adxudicación da contratación dos servicios de limpeza nos locais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e sedes comarcais da Xunta de Galicia en Ordes, Lalín e Vilalba.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública de 17 de abril de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 78 do 24 do mesmo mes, convocouse concurso público para a contratación dos servicios de limpeza dos locais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, así como das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e sedes comarcais da Xunta de Galicia en Ordes, Lalín e Vilalba.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da Mesa de Contratación, constituída para o efecto, o titular desta consellería, por Resolución do 31 de maio do presente ano, acordou adxudica-los citados servicios á empresa Maconsi, S.A., por un importe total de 175.113.600 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos do Estado.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

4723