Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (182/1995).

Por acordalo así o maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, por providencia do día da data dictada no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 182/1995, sobre nulidade, escrituras e outros extremos, pola presente cédula emprázase a todas aquelas persoas descoñecidas e incertas que puideran ter relación coas escrituras ou inscricións das cales se solicita a nulidade, para que no prazo de vinte días a contesten e comparezan en autos e forma, baixo apercibimento de rebeldía e de recaer sobre el os prexuízos a que teña lugar.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

A secretaria

Rubricado

95-4423