Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (340/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade. Dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e cinco. En nome de El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 340/1994, dimanante do procedemento seguido por ameazas a axentes da autoridade, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Lino Senra Ríos; Víctor Carballido Vázquez, ambos denunciantes e policías locais; Alberto Gómez Suárez (denunciado), con paradoiro descoñecido.

Resolvo que debo condenar e condeno a Alberto Gómez Suárez como autor dunha falta do artigo 570.2º do Código Penal con pena de quince mil pesetas (15.000 ptas.) de multa.

Así por esta miña sentencia que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a dispor das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A.C.), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación, perante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, durante este período as actuacións quedarán en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación a Alberto Gómez Suárez.

Expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria xudicial

Rubricado

95-4489