Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (50/1993).

Gustavo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguido co número 50/1993, por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra Construcciones Erolo, S.L., en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, os seguintes bens inmobles:

1. Vivenda letra A da planta quinta dunha casa sinalada co número 96 da rúa Avenida de Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro, parroquia de Viduído, municipio de Ames. Extensión: corenta e catro metros e sesenta e nove decímetros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, no folio 75, do libro 182, do termo municipal de Ames, tomo 746, predio 18.058.

2. Vivenda letra D da planta primeira dunha casa sinalada co número 96 da rúa Avenida de Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro, parroquia de Viduído, municipio de Ames. Extensión: oitenta e dous metros e corenta e cinco decímetros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, folio 97, libro 182, do termo municipal de Ames, tomo 746, predio 18.080.

3. Participación indivisa dunha vinteoitoava parte que dá dereito á utilización exclusiva da praza de garaxe número 6 sita na planta soto da casa número 96 da rúa Avenida Rosalía de Castro, lugar do Milladoiro, parroquia de Viduído, concello de Ames.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, no folio 11, libro 182, tomo 746, predio 17.994.

4. Local de planta de aproveitamento baixo cuberta da casa número cincuenta e nove da Avenida de Rosalía de Castro da cidade de Santiago de Compostela. Extensión: uns cincuenta metros cadrados.

Inscrita no folio 140, libro 154, sección segunda do municipio de Santiago de Compostela, tomo 1.112, predio 14.538.

5. Número sete da división horizontal da casa número vintedous da rúa de Betanzos desta cidade de Santiago de Compostela. É a vivenda letra A da planta segunda. Extensión: corenta e dous metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no folio 114 do libro 86, tomo 1.050, predio 7.939.

6. Número oito da división horizontal da casa número vintedous da rúa de Betanzos, nesta cidade de Santiago de Compostela. É a vivenda letra B da planta segunda. Extensión: corenta e sete metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, no folio 116, do libro 86, tomo 1.050, predio 7.940.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 13 de setembro ás 10 horas, previndo ós licitadores das seguintes condicións:

Primeira.-O tipo da poxa é o seguinte:

Predio número 1: sete millóns seiscentas mil pesetas.

Predio número 2: catorce millóns catrocentas corenta mil pesetas.

Predio número 3: oitocentas mil pesetas.

Predio número 4: vintedous millóns oitocentas mil pesetas.

Predio número 5: vinteún millóns oitocentas cincuenta mil pesetas.

Predio número 6: vinteún millóns catrocentas setenta mil pesetas.

Fixado na escritura de préstamo, non admitíndose posturas que non cubran a dita cantidade.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado o 20% das ditas cantidades, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira.-Os autos e mailas certificacións a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Cuarta.-As cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os haber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 16 de outubro, ás dez horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, haberá terceira poxa, de se-lo caso, o día 16 de novembro ás dez horas, sen suxeición a tipo.

E sirva este edicto de notificación a Construcciones Erolo, S.L.

Dado en Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4438