Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTESEIS DE MADRID

CÉDULA de notificación (274/1994).

Nos autos número 274/1994, seguidos perante este Xulgado do Social número vinteseis de Madrid, por instancia de Adela López Fernández contra Telefónica de España, S.A. e 150 máis sobre dereito, coa data 28-3-1995 dictouse a sentencia que na súa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que desestimando a demanda interposta por Adela López Fernández, debo absolver e absolvo a empresa Telefónica de España, S.A., e ó resto dos codemandados das pretensións na súa contra exercidas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Sala do Social, debendo anuncia-lo seu propósito no termo de cinco días perante este Xulgado do Social, debendo o recorrente, se é empresario, achega-lo resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, na conta de anticipos reintegrables, conta 5026 coa indicación do número de procedemento, a cantidade obxecto da condena, así como 25.000 ptas. na conta 502625000 da mesma entidade bancaria na rúa Basílica nº 19 de Madrid, denominada Recursos de Suplicación, depósito este que deberá acreditarse no momento de anuncia-lo recurso.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación a Luis Felipe Beteta García, en paradoiro descoñecido, expídese a presente cédula en Madrid o oito de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

95-4394