Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 169/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Taboada y Ramos, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio número 58 da L.M.T. Lalín-Anzo, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proyecta en planta de aglomerado na parroquia de Santiso, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía á planta de aglomerado

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 265 m de lonxitude, co conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Orzamento: 2.064.116 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4580