Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración da condición de mineral do manancial Fonte Serra Argallo.

Ramón Álvarez Abad, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia de Pontevedra, fai saber que a comunidade de veciños de Goián, titular da solicitude de aproveitamento do manancial Fonte Serra Argalló, sito en Goián, concello de Tomiño, solicita a declaración da condición de mineral. O que se fai público co fin de que os interesados, no prazo de quince días contados desde o

seguinte ó da publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden pertinentes.

Pontevedra, 25 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4587