Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4309 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.L. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: nos lugares de Seixosmil, Marrondo, Murias, Azoreira, Sebe de Abade, Granda e Espido, no concello de Meira.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona.

Características principais: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, tensado sobre postes de formigón ou grampado sobre fachada, que alimentará os lugares de Seixosmil, Marrondo, Murias, Azoreira, Sebe de Abade, Granda e Espido. Cinco centros de transformación que se instalarán en Seixosmil, cunha potencia de 100 kVA, en Marrondo de 25 kVA, en Murias de 25 kVA, en Azoreira de 50 kVA y en Sebe de Abade de 50 kVA no concello de Meira.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 16.318.860 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 8 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4586