Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.731

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución en materia de transportes que se cita. (Expediente 11-BD-01031.8/1995).

Por non ser posible practicar no domicilio do seu destinatario a notificación que se relaciona no anexo, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27).

Contra o dito acto, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer escrito de alegacións, presentando ou propoñendo as probas que xulgue oportunas no prazo de 15 días contados a partir da publicación da presente resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 23 de xuño de 1995.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de Transportes.

ANEXO:

Denunciado: Maderas de Valdeorras, S.L.

Último domicilio coñecido: Portela 32340 - Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Infracción: transporte complementario de mercadorías sen autorización.

Preceptos infrinxidos: artigo 141 b) da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).

Artigo 198 b) do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, do regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31).

Expediente: 11-BD-01031.8/1995.

Data da denuncia: 3-2-1995.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e 199 do R.D. 1211/1990.

Sancionable por: 25.000 pesetas.

4667