Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.731

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. VALENCIA CES (A CORUÑA)

ANUNCIO de poxa.

Pablo Valencia Ces, notario da Coruña, con despacho na rúa Juana de Vega, nº 9-2º, fago saber que, por instancia da sociedade Abeille Previsora Riesgos Diversos, sociedade anónima de seguros e reaseguros xerais, domiciliada en Madrid, paseo de Recoletos, 8, comecei con data 30 de marzo de 1995 procedemento extraxudicial de execución hipotecaria do predio seguinte, que forma parte do denominado Lar O Salgueiro, antes Edificio San Roque, construído sobre parte da parcela A-43 do polígono de Elviña, 2ª fase, con acceso polo portal número dous, actual, do devandito edificio de vivendas. Está situado cara ó centro do devandito inmoble, o cal coas súas correspondentes escaleiras e dous ascensores, é utilizado polas vivendas sinaladas coas letras C e D de plantas superiores.

Número vinteseis, piso primeiro, letra D (1º D). É un local destinado a vivenda que ocupa parte da planta primeira alta do edificio de vivendas, excluído o que corresponde a elementos comúns. Accédese a el a través do portal número dous do edificio de vivendas e encóntrase situado á dereita do relanzo correspondente a esta planta e zona ou ala do edificio, e á esquerda, saíndo dos ascensores desta mesma zona. Ocupa unha superficie útil de cento dous metros cadrados con corenta e seis decímetros cadrados.

Esta vivenda ten como anexo inseparable e vinculado a ela o rocho identificado como D-1, situada na planta de semisoto do efificio de vivendas.

Rexistro da Propiedade número un da Coruña, libro 1.468, folio 164, predio número 68.311-N.

A poxa levarase a cabo conforme o seguinte:

1. Data:

Primeira poxa: o 17 de agosto de 1995.

Segunda poxa: o 19 de setembro de 1995.

Terceira poxa: o 18 de outubro de 1995.

E en caso de mellora de postura da terceira poxa, sinálase para a licitación entre os mellorantes e mellores postores o 27 de outubro de 1995.

2. Hora e lugar:

Tódalas poxas e se é o caso, licitación, terán lugar ás dez horas no meu despacho, rúa Juana de Vega, 9-2º, da Coruña.

3. Tipo:

Para a primeira poxa: 12.000.000 de pesetas.

Para a segunda poxa: o sesenta e cinco por cento da devandita cantidade.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

E para a terceira poxa: farase sen suxeición a tipo.

4.- Documentación:

A documentación e a certificación do rexistro poden consultarse na notaría. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación.

As cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se execute continuarán subsistentes.

5. Consignación previa.

Os postores deberán consignar previamente nesta notaría, o trinta por cento do tipo correspondente, o vinte por cento do da segunda poxa para tomar parte na terceira.

6. Cesión de remate.

Só a adxudicación a favor do executante ou o remate no seu favor ou dun acredor posterior poderá facerse a calidade de ceder a un terceiro.

A Coruña, dezanove de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado e selado.