Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 233).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 7 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente o programa de actuación urbanística redactado para o desenvolvemento de parte do S.U.N.P.A-33 Montesinos, en Montrove-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de un mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). O longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertienentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 2 de maio de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

5007