Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 5CCP/95 para a adquisición de material de anestesia.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 15-9-1994 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: a adquisición de material de anestesia, por un orzamento de trece millóns novecentas oitenta e cinco mil cincocentas pesetas (13.985.500 ptas.), IVE engadido.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo especificado no anexo de condicións especiais e no prego de cláusulas administrativas particulares contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Xestión Económica e Investimentos, da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde, r/ Durán Loriga, 3-4ª andar, 15003 A Coruña, en días laborais desde as nove horas ata as 14 horas, ou ó teléfono 18 56 00 e fax 18 56 78.

Fianzas: provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente o ofertante. Unha vez adxudicados deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lle foron adxudicados. Estas fianzas constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado e 340 do seu regulamento.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas, sito en r/ Durán Loriga, 3-4º andar, 15003 A Coruña, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a Mesa de Contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas da Dirección Provincial do Sergas, sita en r/ Durán Loriga, 3-4º andar, A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 27 de xuño de 1995.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña

95-03677