Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedimentos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 13/1995, e o encabezamento e parte dispositiva dos cales son do teor literal seguinte:
«Sentencia: En Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1995.
María Fe Meitin Fernández, maxistrada-xuíza, substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 13/1995, promovidos pola entidade mercantil Textils Mora, S.A.L., con domicilio social en Ontiyente, rúa Lto. Modesto Martínez Casanova, número 1, representada polo procurador Sr. Cuns Núñez e dirixido polo letrado Sr. Cervantes Lozano, contra a entidade mercantil Almacenes Nove, S.A.L., con domicilio social no polígono industrial do Tambre, Galileo, núm. 2 de Santiago de Compostela, declarado en rebeldía.
Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados á entidade mercantil Almacenes Nove, S. A.L., e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.651.578 pesetas, importe do principal, e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.
Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.
Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».
A sentencia inserida previamente foi publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada-xuíza que
a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesal de rebeldía, expido e asino a presente en Santiago de Compostela, o 29 de maio de 1995.
95-4995