Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso público para adquisición e instalación dun sistema de acceso de datos para usuarios finais, Software.

Obxecto do contrato: contratación para a adquisición dun sistema de acceso a datos para usuarios finais, Software, mediante concurso público dentro do programa de sistema de xestión de procedemento administrativo levado a cabo na Xunta de Galicia.

Prazo de execución: vintecinco días, a contar desde o momento do asinamento do contrato.

Orzamento: 8.000.000 de ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá exeminarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Público, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 160.000 ptas.

Fianza definitiva: 320.000 ptas.

Clasificación que se esixe: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se adxunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-04578