Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (446/1981).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo de menor contía número 446/1981, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, por instancia de José López Martínez, representado polo procurador Souto Boo, por medio deste edicto e con entrega das oportunas copias da demanda e documentos achegados pola parte demandante, emprácese

á parte demandada, Oscar López Martínez, para que no prazo de nove días compareza en autos en forma legal, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e producirlle os prexuízos legais.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1995.

O secretario xudicial

Rubricado

4043