Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (371/1991).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e do seu partido, coñecendo en procedemento xudicial sumario do artigo 131 de Lei hipotecaria que se tramita baixo o número 371 de 1991, por instancia da entidade Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Caamaño Frade, pola presente cédula requírese ós debedores Francisco Luis Pérez Santiago e Isabel Iglesias Calvo, maiores de idade, veciños de Santiago de Compostela, con domicilio en Vista Alegra, 27, 3º e actualmente en paradorio descoñecido, para que no termo de dez días fagan efectivo o importe das responsabilidades pecuniarias que se lles reclaman no dito procedemento, e que ascenden a 2.973.018 de ptas., por principal; 1.667.036 de ptas. por xuros e demora; total: 4.640.054 de pesetas debidas ata o día 7 de outubro de 1991, cos xuros, comisións, demora, gastos e custas que se devenguen con posterioridade e ata o momento no que

teña lugar o pagamento.

Santiago de Compostela, dous de marzo de mil novecentos noventa e catro.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

4002