Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (472/1992).

En virtude do acordado por Salvador Pedro Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 472 do 1992, por instancia de Jesusa Gémez Martínez, representada polo procurador Cuns Núñez; por medio da presente, emprázase o esposo demandado José Villarejo Romero, maior

de idade, con domicilio no derradeiro lugar de Fontao, da parroquia de Santa Eulalia de Vedra, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, en forma e conteste a demanda, formulando, se é o caso, declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaria deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula de emprazamento en Santiago de Compostela, o 26 de outubro do 1993.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretaria xudicial

3987