Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.695

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (368/1986-02).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fago saber que neste xulgado se seguen autos de executivo 368/1986, por instancia de Banco Popular Español, SA, representado polo procurador Caamaño Queijo, contra Susana Cerqueiro Aradas, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Urbano. Casa sinalada co número un do lugar de Castres, parroquia de Oza, municipio de Teo, que consta de planta baixa e un piso con curral e terreo anexos (este dedicado a eira, labrantío e inculto). Ocupa todo iso unha extensión superficial de seis mil setecentos corenta e cinco metros cadrados, dos que uns oitenta lle corresponden á casa e o resto ó terreo e curral anexos. Estrema: norte, Encarnación Vaamande; sur, Oliva Nogueira Doeyo; leste, Alvino Gómez Fraga e Manuel Mallón Bello; e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, ó tomo 448 do arquivo, libro 151 de Teo, folio 61, predio número 15.402.

Os ditos bens foron valorados na suma de 9.000.000 de ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día dezanove de setembro ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Cuarta.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Sexta.-Que por instancia do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sétima.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houber ó crédito do autor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día dezasete de outubro ás doce horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día vinte de novembro ás doce horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4216