Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.654

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (393/1994).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que, nos autos de xuízo executivo número 393/1994 deste xulgado, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo número 393/1994, promovidos polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, en nome e representación de Financiera Seat S.A., e asistido polo letrado Ramón Fernández Neila, contra María Luisa Costoya Castro, con domicilio na rúa República Arxentina nº 43, 5º B, e actualmente en paradoiro descoñecido, declarada en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados á demandada María Luisa Costoya Castro, declarada procesualmente en rebeldía, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante da cantidade de cincocentas trinta mil setecentas pesetas, importe do principal, maila suma de trescentas mil pesetas para xuros e custas, ó pagamento das cales debo contenar e condeno a parte demandada.

Dada a rebeldía da demandada, notifíqueselle na forma previda na lei, se non se pedir dentro dos tres días seguintes a notificación persoal. Esta resolución non é firme e contra ela poderá interporse, neste xulgado, recurso de apelación, no termo de cinco días, a contar desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue sinatura e rúbrica».

A sentencia inserida previamente foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

Para que sirva de notificación á demandada declarada en rebeldía, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela, vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

4321