Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (121/1995).

En virtude do acordado en providencia dictada no día da data no xuízo de menor contía nº 121/1995 que se segue neste xulgado a instancia de Antonio Pedreira Vázquez contra Julio Romero González, José Otero Abad, Ignacio Varela Eiras, José Rodríguez Paz, Francisco Ceinos Rey, Esteban Patiño Pérez, Jaime Calviño Díaz, Benjamín López Fernández, David Herrero Pérez, Ramón Valladares Pajares e persoas descoñecidas e incertas que puidesen derivar dereitos das pazas de garaxe, sitas no soto e neste mesmo local da casa nº 39 da r/ San Pedro de Mezonzo, por medio da presente, emprázase ás persoas descoñecidas e incertas co fin de que no prazo de dez días comparezan en forma en autos, por medio de procurador e avogado, facéndolles saber que se com

parecen se lles concederán dez días máis para contesta-la demanda, baixo apercibimento que de non compareceren, serán declaradas en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso.

E para que así conste e sirva de emprazamento en legal forma ás persoas descoñecidas e incertas que puidesen derivar dereitos das prazas de garaxe sitas no soto e no mesmo local da casa nº 39 da r/ de San Pedro de Mezonzo de Santiago de Compostela, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 31 de maio de 1995.

Rosa Tesouro Cid

Secretaria en funcións

4322