Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (194/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 194/1995, por instancia da entidade Euromoble, S.L., representado polo procurador Cuns Núñez, sobre cumprimento de contrato e outros extremos; por medio da presente emprázase á entidade demandada Génesis de Publicidad, S.A., con enderezo en Santiago de Compostela, rúa Churruchao, número 1, baixo, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma á devandita entidade demandada, Génesis de Publicidad, S.A., a quen se lle fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

4118