Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.653

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (391/1994).

En virtude do acordado por Francisco Javier Míguez Poza maxistrado-xuiz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado baixo o número 391 de 1994, por instancia de María de las Mercedes de la Iglesia Gómez, representada polo procurador Gómez Martín; por medio da presente, emprázase ó esposo demandado José Manuel López Barreiro, maior de idade, con derradeiro domicilio coñecido na rúa Salvadas (Vista Alegre) desta cidade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza nos autos, en forma por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, se é o caso formulando reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos cocumentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste

xulgado.

E para que sirva de emprazamnto en forma ó devandito demandado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

95-4117