Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (226/1983).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída en autos de xuízo executivo nº 226/83, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 226/1983, promovidos polo Banco Atlántico, SA, con

domicilio social en Barcelona, Avda. Diagonal número 407-bis, representado polo procurador Regueiro Sánchez e dirixido polo letrado Álvarez Santullano, contra José Luis Fontela Ríos e Carmen Fernández Senín, con domicilio na rúa A Estrada número 55-1 de Santiago de Compostela e Daniel Fontela Neiro e Emilio Fontela Ríos, con domicilio en Lestedo-Boqueixón, declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Luis Fontela Ríos, Carmen Fernández Senín, Daniel Fontela Neiro e Emilio Fontela Ríos e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 491.821,64, importe do principal; e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora e ás custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á demandada, en situación procesual de rebeldía, José Luis Fontela Ríos e Carmen Fernández Senín, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4108