Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (254/1990).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 254/1990 por instancia da Caixa Postal de Aforros representada polo procurador Caamaño Queijo contra José Manuel Sánchez Mugico e Susana Barreiro Hermo por medio da presente cédula cítanse de remate os referidos demandados dos cales descoñecémo-lo domicilio actual, para que no termo de nove días comparezan en autos e se opoñan á execución se lles conviñer, coa prevención de que de non facelo serán declarados en rebeldía seguindo o xuízo o seu curso sen facerlles máis citacións nin notificacións cás que expresamente determine a lei.

Faise constar que se efectuou o embargo de bens suficientes da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que sirva de citación de remate expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o quince de decembro de mil novecentos noventa e tres.

O secretario rubricado

95-4319