Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.652

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (272/1994-I).

María de Pilar Varela García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ribeira, certifico que, nos autos que a seguir se dirá, recaeu sentencia, que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

«Sentencia. En Ribeira, o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e cinco, Eva María Doval Lorente, xuíz do Xulgado de Instrucción número un de Ribeira, viu os presentes autos de xuízo de faltas 272/1994, por ameazas no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como denunciante Mercedes Mored Ferrín, como denunciado Carlos Boente Gallego.

Fallo, que debo absolver e absolvo a Carlos Boente Gallego da falta que se lle imputaba, declarando de oficio as costas procesais.

Notifíqueselle a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días e a formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos levándose o orixinal ó libro dse sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, pronúncio, mando e asíno».

E para que sirva de notificación a Mercedes Mored Ferrín, expido e asino a presente resulución, en Ribeira, 30 de maio de 1995.

A secretaria

Rubricado

3544