Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (67/1994).

Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, fago constar que no xuízo de menor contía número 67/1994 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ordes o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco

Vistos por min, María Luisa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia de Ordes e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos perante este xulgado, baixo o número 67 de 1994, entre partes: dunha como demandante, Entidad Mercantil Compañía Logística de Hidrocarburos C.L.H., S.A., (antes denominada Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos, S.A., CAMPSA), con domicilio social en Madrid, Capitán Haya, 41, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistido polo letrado Augusto Pérez; doutra, como demandado, a Entidade Mercantil Fanosa Transportes y Excavaciones, S.L., con domicilio social en Ordes, lugar de Queis, parroquia de Montaos, declarada en rebeldía pola súa incomparecencia nestes autos; versando sobre reclamación de cantidade.

Resolvo, que estimando integramente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación da Compañía Logística de Hidrocarburos, C.L.H., S.A., (antes denominada Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos, S.A., CAMPSA), contra a entidade Fanosa Transportes y Excavaciones, S.L., declarada en rebeldía pola súa incomparecencia en autos, debo declarar e declaro que a demandada lle debe á actora a suma de un millón seiscentas sesenta e sete mil setecentas nove pesetas (1.667.709 ptas.), condenando a citada entidade demandada a que aboe a referida suma mailos xuros legais desde a data do seu emprazamento e con aplicación do disposto no artigo 921 da LEC a partir da data desta sentencia, impoñéndolle as custas desta instancia á demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación, que deberá presentarse perante este xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe».

Rubricado

4113