Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.654

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (412/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo nº 412/1994 consta a sentencia que contén o encabezamento e resolución seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo executivo nº 412/1994, promovidos polo procurador Ricardo García Píccoli Atanes en nome e representación de PSA, Credit España Entidad de Financiación, e asistido polo letrado Cándido Francisco Rivera, contra José Manuel León Rodríguez, con domicilio na rúa Pitelos nº 22-4º, nesta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, e declarado en rebeldía; e...

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados ó demandado José Manuel León Rodríguez, declarado procesualmente en rebeldía e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora da cantidade de 615.000 ptas. importe do principal e a suma de 300.000 ptas. para xuros e custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno o demandado. E dada a rebeldía do demandado, notifíqueselle na forma previda na lei, se non se pedise dentro dos tres días seguintes a notificación persoal. Esta resolución non é firme e contra ela poderase interpoñer, neste xulgado, recurso de apelación, no termo de cinco días, contados desde a notificación. Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen a sinatura e a rúbrica.

A sentencia inserida foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

3742