Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 203/1995, do 6 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 1.474,20 m sito na zona de Casablanca-lugar das Moas, parroquia de Santa María de Oza, termo municipal da Coruña, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de saúde.

O Pleno da Corporación municipal da Coruña, en sesión ordinaria celebrada o 25 de outubro de 1993 acordou a cesión á Xunta de Galicia dun terreo de 1.474,20 m para a construcción dun centro de saúde.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/89, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade por proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello da Coruña acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la cesión gratuíta do terreo de 1.474,20 m pertencente ó Concello da Coruña, sito na zona de Casablanca-lugar As Moas, parroquia de Santa María de Oza, que linda ó norte coa rúa José María Hernansaez e outra de nova apertura; ó sur, con Gabriel Valero Rey, José Canzobre e camiño; ó leste, resto da finca da que procede e ó oeste, termina en punta.

O inmoble descrito segregarase do predio matriz inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña, libro 983, folio 101, número 65.336 N.

Artigo 2º

O inmoble cedido adscríbese ó Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente Decreto.

Santiago de Compostela, seis de xullo de mil novecientos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4325