Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral da categoría 3 do grupo V, e de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 26 de maio da dita comisión.

Dado que o carácter da resolución e estimatoria das pretensións formuladas por María Paz Espiñeira Vilariño no sentido de incluíla nas listas de referencia das que fora excluída por erro, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

1.-Mª Paz Espiñeira Vilariño.

DNI: 76.517.690

No posto nº 9 para o ámbito territorial da provincia da Coruña.

Sen embargo débese ter en conta que a referida interesada só poderá ser chamada, se é o caso, a ocupar un posto vacante unha vez que rote a totalidade da lista e se chegue de novo á orde de prelación que esta interesada ocupaba nela.

2.-Marina Espiñeira Vilariño.

DNI: 76.517.689

Excluíla das listas de referencia.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

4987