Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (85/1994).

En Noia, o vintetrés de marzo de mil novecentos noventa e cinco. Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, viu os presentes autos de solicitude de beneficio de xustiza gratuíta co número 85/1994, promovidos por María Sabugueiro Maroñas, maior de idade e con domicilio en Roo de Abaixo, Noia, representada polo procurador Juan Angel Pena Abeijón e dirixida polo letrado Manuel Blanco-Ons Fernández, contra Manuel Enrique Cabañín Campa, en ignorado paradoiro e en rebeldía procesual, e contra o avogado do Estado.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que mediante escrito, a parte demandante formulou a demanda sobre recoñecemento a litigar gratuitamente conforme as prescricións legais e sinalando a seguir os fundamentos de dereito que coidaba aplicables e remataba suplicando ó xulgado que dicte no seu día sentencia pola que se lle recoñeza á súa representada o dereito a litigar gratuitamente contra Manuel Enrique Cabañín Campa en xuízo de divorcio número 84/1994.

Segundo. Que se deu por presentada a demanda e previamente se reclamaron as certificacións que a parte non obtivera e, recibidas, admitiuse a trámite, sinalándose día para a celebración do xuízo, citándose para o efecto ó demandado e ó avogado do Estado, a que tivo lugar na data sinalada, co resultado que consta nos autos.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Dos documentos achegados e das probas realizadas, aparece que a demandante carece de bens e que os seus ingresos por tódolos conceptos, non superan o dobre do salario mínimo interprofesional vixente nesta data, polo que é procedente, conforme o artigo 14 da Lei de axuizamento civil, recoñercerlle xudicialmente o dereito de xustiza gratuíta con dereito a desfrutar dos beneficios que determina o artigo 30 e seguintes do mesmo corpo legal, sen prexuízo do prevido no artigo 48 da tan reseñada lei.

Segundo. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais.

Terceiro. Non é de estimar temeridade nin mala fe en ningunha das partes para efectos de imposición de custas.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que debo recoñecer e recoñezo o dereito a litigar gratuitamente a María Sabugueiro Maroñas, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio número 84/1994 e tódalas súas incidencias, isto sen prexuízo do disposto no artigo 48 da Lei de axuizamento civil, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, levándose o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada polo xuíz que a dictou, no día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

Noia, 5 de xuño de 1995.

Ana Isabel Villar Fernández

Secretaria

95-03572