Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (64/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que perante este xulgado se tramita xuízo de faltas nº 64/1995 , por instancia de José Ramón Rivera Estévez contra Alberto Pintos Martínez e outro; nas súas actuacións dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas nº 64/1995, sobre furto no que foron partes como denunciante José Ramón Rivera Estévez , maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio na rúa Galeras, nº 28 baixo, e como denunciado Santiago Fiúza Fuentes, maior de idade e veciño desta cidade con domicilio na rúa Ulpiano Villanueva, bloque 30-4-esquerda e Alberto Pintos Martínez, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, do que as circunstancias persoais constan en autos e decido que debo absolver e absolvo libremente a Santiago Fiúza Fuentes e Alberto Pintos Martínez da falta de que viñan sendo inculpados neste procedento e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación en forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da cal se levará testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia foi pronunciada, lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a asina,

durante a celebración da audiencia pública, no mesmo día da súa data.

O preinserido e reproducción fiel da sentencia orixinal á que se remite, que foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia que a subcrive na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que conste e sirva de notificación a Alberto Pintos Martínez, expido e asino en Santiago de Compostela, o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-04314