Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (505/1984).

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz deste xulgado en resolución do día da data dictada en autos de xuízo declarativo de menor contía que co nº505/1984 se seguen neste xulgado por instancia de Manuel Arturo e Ramona Pandelo López, representados polo procurador Victorino Regueiro Muñoz,

contra Tomás Liñeira Bande e outros, sobre declaración de dereitos e nulidade de contrato, por medio da presente cédula emprázase ós herdeiros descoñecidos e incertos do falecido Tomás Liñeira Bande, así como a aqueles dos seus fillos Tomas, Manuel, Julia, Carmen, Pilar Liñeira García que non residan no domicilio familiar sito en Santa Uxía, no concello de Toques, co fin de que no prazo de dez días comparezan nos referidos autos, constituíndose en parte, co apercibimento de que de non verificalo, recaerán sobre deles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, o 20 de febreiro de 1995.

Secretario xudicial

Rubricado

95-04315