Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (349/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de proceso de familia número 349/1994, notifícaselle ó demandado Alfredo Llecha Gaviñanes a sentencia dictada neles cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

Visto por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de proceso de familia, seguidos neste xulgado co nº 349/1994, entre partes, dunha, como demandante, Elena Horta Caridade, maior de idade, profesora e veciña desta cidade, con domicilio na avenida de Lugo nº 93-I-D, representada en autos polo procurador García Piccoli, asistido do letrado Vispo Peiteado, e doutra, como demandado, Alfredo Llecha Gaviñanes, maior de idade, separado e veciño que foi desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio.

Resolvo que, estimando a demanda formulada polo procurador Sr. García Piccoli, en nome e representación de Elena Horta Caridad, contra Alfredo Llecha Gaviñanes, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio formado polos cónxuxes anteriormente mencionados. Todo iso sen facer especial pronunciamento en custas.

Unha vez firme esta resolución comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente para os efectos previdos na disposición adicional 9 da Lei do 7 de xullo de 1981.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación ó demandado Alfredo Llecha Gaviñanes, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4318