Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (11/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 11/1995, sobre ameazas, sendo denunciante Beatriz Nogueira González e denunciado Bernardino Gómez Vázquez, se dictou a sentencia que na súa decisión di como segue:

Decido que debo absolver e absolvo a Bernardino Gómez Vázquez da presunta falta que se lle imputaba, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e a que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación á denunciante Beatriz Nogueira González e ó denunciado Bernardino Gómez Vázquez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-03473