Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (84/1994).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, fai saber que neste xulgado se seguen autos de divorcio, D.A. 5ª baixo o número 84/1994 nos que recaeu sentencia que no seu encabezamento e decisión di literalmente:

«En Noia, o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Fidel Jesús del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, os presentes autos de xuízo de divorcio, rexistrados baixo o número 84/1994, a raíz da demanda interposta por María Sabugueiro Maroñas, con domicilio en Roo de Abaixo, Noia, repre

sentada polo procurador Juan Ángel Pena Abeijón e asistida do letrado Manuel Blanco-Ons Fernández, contra Manuel Enrique Cabañín Campa, en paradoiro ignorado e declarado en rebeldía procesual. Decido, que estimando a demanda interposta polo procurador Juan Ángel Pena Abeijón, en nome e representación de María Sabugueiro Maroñas, contra Manuel Enrique Cabañín Campa, declarado rebelde, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de María Sabugueiro Maroñas e Manuel Enrique Cabañín Campa, con disolución do réxime económico matrimonial, todo iso sen expresa imposición de custas. Firme que sexa a presente resolución, comuníquese ó Rexistro Civil de Lousame para a súa anotación na inscrición de matrimonio. Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que poden interpor recurso de apelación neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días hábiles, contados desde o seguinte á súa notificación. Así, por esta miña

sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Manuel Enrique Cabañín Campa en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Noia o cinco de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

94-04316